NoMoS

Somos Borxa e Irene, dous NoMos que se levan como o can e o gato.:)

viernes, junio 17, 2005

Asalto ó traballo

Estamos traballando para ter unha especie de páxina web, non?Pois estamos estamos a buscar por todo o internet as mellores imaxes,comentarios e un longo etcétera.Tamén queremos que vós,si vós,os lectores do noso blog nos deixedes os vosos comentarios xa que a tod@s nos gusta que nos digan as cousas á cara e non soltando o piquiño por aí.Aproveito para saudar a tod@s os noso@s fans de galiza e de todo o mundo en xeral.É se queredes falar con nós,xa sabedes onde nos podedes atopar, non?Pois debaixo das vosas pernas,seguro.

miércoles, junio 15, 2005

Para todos,o galego

Para as mulleres
para os homes
para os nenos
para as nenas
para os vellos
para as vellas
para os turcos
para os portugueses
para os pequenos
para os altos
para os de fóra
para os de dentro
para os da aldea
para os das cidades
para os gordos
para os flacos
para os loiros
para os morenos
para os negros
para os brancos
para todos....
O GALEGO!!!!

lunes, junio 13, 2005

Seleccion galega xa!!!

Tendo tam bons jogadores galegos e dous clubes de primeira divissom, pregunto-me como nom temos selecçom do noso país? Mentres todos tenhen a sua própria selecçom os galegos levamos tempo, moito tempo, esperando por ela como um cao pola sua comida. E a verdade é que ata os próprios jogadores galegos a querem. Temos jogadores que podem estar à altura dum Mundial. Assi vamos todos os galegos a apoiar a nossa selecçom porque estou seguro que vamos estar no próximo Mundial jogando contra Espanha.

martes, junio 07, 2005

HaI QuE bOtAlOs!!

Vouvos falar de "Hai que botalos"!!Isto é unha peli promovida por burla negra para estimular o "boto". Nela hai unha serie de curtometraxes que falan da situación de Galiza e cada unha delas está escrita por un autor/a galego. Estes autores non cobraron nada, fixerono de maneira totalmente gratuíta. Eu se fora vós botaría unha ollada pola páxina Web e descargaríame a peli, tranquilos que son moi enrollados e non pasa nada.
VEÑA!!ANIMADEVOS!!!!

martes, mayo 31, 2005

O mundo pequeno.

Todos vos preguntaredes que é o que se sinte ó ver a beirarrúa mellor que ninguén ou ver ós paxaros peor que un cego.Pois a verdade é que ser pequeno ten as súas vantaxes,como xogar ó fútbol e pasar por debaixo das pernas dos contrarios,que as nenas máis guapas che den bicos coma un neno pequeno de catro anos.....Ten moitas vantaxes,pero,eso si,ten moitos pero que moitos inconvintes,como que te traten ás veces como un ninguén ou coma un merdas que non levanta unha cuarta do chan.Que os nenos pequenos te vacilen ou que os grandes se rían de ti porque vaias a discoteca.Eu estou contento de haber tomado poucos iogures ó longo da miña vida pero algún día os tomarei e non pararei,e senón,tempo ó tempo.Que,como di o anuncio:TRANQUILO,CRECER CRECERÁS,SEGURO!!!!!

sábado, mayo 21, 2005

A MULLER

Eu defendo a muller por encima de todo.Temos dereitos.Algunha xente pensa que non. Pero temos dereitos, igual que os homes. Deberíannos ter moita máis consideración, porque, que farían neste mundo sen mulleres?. Somos importantes, somos necesarias e non somos respetadas. Vivimos nunha sociedade que para min está totalmente atrasada, xa que iso de pensar que a muller é inferior é algo que se pensaba nos anos de meus avós. Digo eu que os tempos cambian, non?
A verdade e que aínda que os políticos digan igualdade non fan realmente nada para conseguilo. E iso que nos dereitos da muller deixa bastante claro que se debe actuar contra elo.
As mulleres deberíamos loitar forte para defender o que é noso.
¡¡¡¡IGUALDADE!!!!

lunes, mayo 09, 2005

Lorenzo Varela


Este ano o día das letras galegas está adicado a Lorenzo Varela. Polo que vos deixamos aquí un poema que está moi ben:

María Pita.

I

María das batallas,
levareiche unhal frol por cada bala;
i unha cunca de leite
arrebuxada en neve
pra che curar a sede.
¡Sede mortal, varona, a desta patria:
queima no peito con ardente brasa!

II

María das batallas,
dareiche un reiseñor por cada bala,
i unha estreliña nova
no berce d'unha dorna,
núa, espida, graciosa:
Varona dos meus ollos, unha estrela
que ti ganache, poderosa e leda.

III

Muller da soberana liberdade,
os artilleiros danche alferezía
e faite o mar patrona da cidade.
Din as miñas campanas, escoitade,
de monte a monte e máis de ría a ría:
O bronce meu, teu bronce foi María.